Blender 2.80, deseño e animación 3D profesional

Xoves, 1 Agosto 2019

Despois de dous anos de desenvolvemento, chega Blender 2.80, nova versión do programa de deseño, modelado, animación e renderizado de gráficos 3D de código aberto que está a revolucionar os mercados da animación e videoxogo.

Segundo as palabras da xente de Blender, a nova versión supón “un novo comezo”.

Novas características

A versión 2.80 non é unha revisión menor como podería parecer pola súa numeración, senón que trae consigo moitos cambios como:
– Renovación da interface, cun novo tema escuro, un conxunto de iconas modernas e novos menús de acceso rápido.
– Melloras na xestión de espazos de traballo, posibilidade de personalización.
– Novas ferramentas para facilitar o achegamento aos novos usuarios.

Eevee, novo procesador en tempo real baseado na representación física. Eevee funciona tanto como motor de renderizado de fotogramas finais como de motor que impulsa a xanela gráfica en tempo real de Blender.
Conta con opcións volumétricas, reflexións e refraccións do espazo da pantalla, dispersión superficial, sombras suaves e de contacto, profundidade de campo, desenfoque de movemento de cámara e outros.
– O botón esquerdo do rato agora úsase para seleccionar, polo que Blender pódese usar facilmente co panel táctil ou cun lapis óptico.
– O modelo de renderizado dos materiais utilizados en Blender é o mesmo que o da maioría dos motores de videoxogos, facilitando así a súa importación. Ademais, os materiais creados en Eevee créanse reutilizando nodos Cycles, podendo usarse Eevee como unha vista previa da escena.
– A ferramenta de animación 2D (Grease Pencil) agora é un sistema completo de debuxo e animación. Os obxectos producidos con Grease Pencil intégranse de forma nativa en Blender, o que lle permite reutilizar as outras funcións do software para manipulalos.
– Edición de múltiples obxectos.
– Mellora de textos.
– Soporte novo de glTF, WebM, COLLADA e Alembic.

– Motor de renderizado de Cycles tamén ten novas características: Criptomato, Cabelo, BSDF, Sombreado por volume.
– Melloras de rendemento de CPU, GPU, OpenCL e CUDA.

Blender recibiu fai pouco o apoio económico de empresas como Epic Games e Ubisoft, polo que se espera que nos próximos anos teña un gran desenvolvemento libre de problemas.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal