Bitwarden recibiu unha importante inversión

Martes, 15 Novembro 2022

Bitwarden, software e servizo de xestión de contrasinais de software libre, recibiu 100 millóns de dólares por parte do fondo de investimento PSG.

Segundo anuncian no blogue oficial de Bitwarden, este investimento servirá para dotar ao proxecto de:
«recursos para acelerar o crecemento do produto e a empresa para dar soporte aos nosos usuarios e clientes. Este investimento representa unha forte afirmación do modelo comercial existente de Bitwarden e un compromiso para continuar cos nosos valores fundamentais».

logo

Os 100 millóns utilizaranse para seguir mellorando o servizo de Bitwarden, de maneira particular no sector profesional. Desde o proxecto aseguran que nada vai cambiar, salvo para mellor.

Os valores fundamentais que non se modificarán son:
– Versión gratuíta con todas as funcións para sempre
– Arquitectura de código aberto
– Capacidade de auto hospedaxe

As funcións comerciais avanzadas co pago do plan Premium serían: acceso de emerxencia, autenticación de Bitwarden, informes de seguridade, ademais de características exclusivas do plan para empresas como integración coas políticas empresariais ou soporte de SCIM, entre outras.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal