O obradoiro terá lugar o sábado 21 de xullo no museo Domus da Coruña ás 10:30, está impartido e organizado por Bricolabs ao abeiro do convenio da Amtega coas asociacións de software libre.

O obradoiro estará centrado na programación de Raspberry Pi. A Raspberry Pi é unha mini computadora composta por unha única placa do tamaño dunha tarxeta de crédito e é moi empregada no mundo maker para realizar prototipos de proxectos de robótica, IoT, multimedia, sensorización e automatización.
Debido á súa popularidade, desenvolvéronse moitas bibliotecas e proxectos arredor deste dispositivo, é por iso que Bricolabs impartirá este obradoiro arredor da programación con Python en Raspberry Pi, onde se van centrar no uso da biblioteca gpiozero que facilita o acceso aos portos GPIO, estes portos permiten conectar unha infinidade de hardware á Raspberry Pi e controlalos dende esta.

Esta actividade tamén está encamiñada a ir “quentando motores” de cara á OSHWDem, que é a feira tecnolóxica anual que organiza Bricolabs no outono dende hai uns anos na Coruña.

Pódese atopar máis información sobre a actividade na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This