Beta-rc de Ubuntu Touch baseada en Ubuntu 20.04

Martes, 3 Xaneiro 2023

UBports anunciou que xa está dispoñible a primeira beta-rc de Ubuntu Touch baseado en Ubuntu 20.04. Marius Gripsgard, dixo nun tweet, que lanzaron como agasallo de Nadal esta versión de Ubuntu Touch.

Inda que na maioría de smartphones aínda non funciona esta beta, nalgúns teléfonos o sistema operativo xa funciona ben, e ademais pódese usar Libertine, o que permite executar aplicacións como Firefox ou Kodi. Tamén hai algúns aparellos que soportan Anbox, co que se poden executar aplicacións de Android.

Cos recursos limitados que contan en Ubports, estiveron durante moito tempo estancados na base de Ubuntu 16.04 LTS (Canonical deixara de traballar nesta plataforma fai tempo). Pero despois de anos de traballo e unha chea de dores de cabeza ao redor dos cambios Mir, agora están a proporcionar unha versión beta.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal