BeagleV, SBC económica baseada en RISC-V

Mércores, 31 Marzo 2021
BeagleV, SBC económica baseada en RISC-V

A placa BeagleV pode usarse para desenvolvementos electrónicos grazas aos seus GPIO. Poden instalarse diferentes sistemas operativos e conta con características para traballar con deep-learning e IA. Desenvolta por BeagleBoard en colaboración con Seeed Studio e con StarFive Technology.

Características: SoC StarFive JH7100 (procesador SiFive U74 DualCore con 2MB L2 @ 1.5Ghz), Tensilica-VP6 DSP para visión computacional, acelerador para aprendizaxe profundo NVIDIA, NVDLA Engine (2048 MACs @ 800Mhz) de 3.5T, Neural Network Engine (1024 MACs @ 500Mhz) de 1T, memoria RAM de 4-8 GB LPDDR4 (2x 4GB), 1x HDMI (1080 px @ 30 FPS), 4x USB 3.0 tipo A, WiFi 5, Bluetooth 4.2, 1x Gigabit Ethernet (RJ-45), Jack audio 3.5mm, Slot para tarxetas MicroSD, 1x USB-C para alimentación (5v / 3A), 40-pin GPIO (SDIO, Audio, SPI, I2C, UART, PWM …), 2x MIPI-CSI, 1x MIPI-DSI, botón Reset e On/Off.

Sistema operativo: FreeRTOS e GNU/Linux (instalado na microSD)

Chegará a finais de 2021, sobre o mes de setembro por 149$ con 8 GB de RAM e por 120$ para unha configuración con 4 GB de RAM.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal