Logotipo de Red HatNoticias publicadas recentemente amosan unha clara tendencia pola preferencia de bases tecnolóxicas Open Source para os sistemas de cloud computing no sector bancario. Dúas das grandes entidades españolas do sector, BBVA e Santander, deron a coñecer a súa adopción de software de código aberto, en vez de tecnoloxía propietaria, para construír as súas nubes internas de datos e computación. En ambos casos, decantáronse por tecnoloxías Red Hat.
No proceso de transformación dixital polo que están a pasar os bancos, a escolla de produtos abertos e libres que favorezan adaptacións áxiles no contorno da computación son un punto diferencial. A aposta que se fai por Red Hat, neste sentido como socio tecnolóxico, en palabras do director de Red Hat en España, “permite baixar os custos de xeito radical, sen mingua da calidade e a seguridade”. Dende a mesma fonte, fálanse de aforros de ate o 70% nos custos con respecto a similares solucións propietarias.

As tecnologías Open Source están detrás da revolución dixital, continuando tamén con software propietario como forma de combinar o mellor de ambos mundos", di Javier Lipuzcoa, Xefe de Estratexia en Arquitectura e Innovación de BBVA. O BBVA firmou en maio unha alianza global con Red Hat para acelerar a súa transformación global e os seus procesos de innovación e tecnoloxía.

De modo similar Produban, a empresa de servizos informáticos do Grupo Santander, está a usar a tecnoloxía de código aberto de Red Hat para construír unha infraestrutura de nube híbrida. Esta infraestrutura da servizo aos dez centros de datos, repartidos por todo o mundo, que soportan toda a operativa de Banco Santander.

E é que os bancos están obrigados a buscar fórmulas eficientes de desenvolvemento tecnolóxico e, neste eido, as solucións Open Source estanse a erixir como a mellor selección sen lugar a dubidas.

Pin It on Pinterest

Share This