Base Topográfica de Galicia 2020 publicada en estándar aberto

Mércores, 14 Setembro 2022
Base Topográfica de Galicia 2020 publicada en estándar aberto

A Oficina de Coordinación de Software Libre elaborou este Geopackage co fin de dispoñer dunha versión da BTG que inclúa simboloxía nun formato estándar aberto. Para a súa elaboración partiuse dos datos da BTG publicados no centro oficial de descarga de cartografía da Xunta de Galicia, e do ficheiro de simboloxía publicado en formato LYR.

mapa

Para máis información sobre estes datos e a súa licenza pode consultar a información na páxina correspondente do portal de Información Xeográfica de Galicia.

Contido do Geopackage

– O listado de capas da BTG 2020 oficial obtido a partir do empaquetado dos ficheiros Shape orixinais.
– A simboloxía para o seu uso en QGIS, contendo toda a información que QGIS xestiona para a representación dunha xeometría e os seus atributos, incluídos a definición de símbolos, tamaños, rotacións, etiquetado, filtros, etc. Obtida a partir da transformación da simboloxía LYR a formato QML para QGIS.
– Un proxecto predefinido de QGIS coas capas da BTG 2020 agrupadas e ordenadas e coa simboloxía aplicada.

Máis información e descarga do Geopackage

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal