Axudas aos concellos para o acceso á Sociedade da Información con Software Libre

Onte saíron publicadas no DOG dúas ordes de axuda da Consellería de Innovación e Industria polas que se establecen as bases para a concesión de axudas destinadas a facilitar o acceso á Sociedade da Información dos concellos menores de 6.000 habitantes e de entre 6.000 e 35.000 habitantes. …

Concellos con menos de 6000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dunha páxina web, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

O portal deberá cumprir os seguintes requisitos:

  • O galego será a lingua vehicular ou a primeira opción no caso de existir máis.
  • Mantemento do portal a través dunha aplicación xestora de contidos (CMS) de código aberto.
  • Cumprir as normas de accesibilidade W3C-WAI-AA.
  • Os documentos dispoñibles estarán en formato pdf.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos menos 6000

Concellos de entre 6000 e 35000 habitantes:

As accións subvencionables son os custos de deseño e realización dun portal informativo, así como os gastos de mantemento e hospedaxe durante un ano.

Este portal informativo será mantido polas asociacións cidadáns e configurarase como espazo de comunicación accesible e aberto á participación de todos os veciños. A través de Internet os cidadáns e asociacións crearán contidos do seu interese e ocuparanse do mantemento informativo do portal.

Deberá ser construído sobre a base do software libre, terá o galego como lingua vehicular e integrará como mínimo:

  • Espazos para dar a coñecer o capital asociativo do concello, as súas actividades e canles de participación
  • Ferramentas para a interrelación cidadana: foros, chats, correo electrónico…
  • Información de interese como ofertas e demandas de emprego; acceso á vivenda…
  • Información sobre o acceso ás tecnoloxías da información e as comunicacións.

Orde: DOG 30-05-06 – concellos máis 6000

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal