Luns, 28 Xuño 2021

Audacity 3.0.2

Enlace externo

Audacity (editor libre de son moi coñecido e usado), anunciou a súa versión 3.0.2 con numerosas melloras e correccións.

Novidades: mellórase a ferramenta de diagnósticos mostrando información útil, incorpórase unha nova función denominada saída macro (personalización das exportacións para saber onde se poñen os resultados).

Melloras tamén na estructura do código e correccións de varios erros.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal