Audacity 3.0.0, novo formato dos proxectos

Martes, 23 Marzo 2021
Audacity 3.0.0, novo formato dos proxectos

Audacity 3.0.0 cambia o formato no que garda os proxectos de Audacity (aup), pasando do “almacenamento en pila de arquivos” ao novo arquivo .aup3 que contén todos os datos. Utiliza unha base de datos de software libre, SQLite3, para almacenar todo nun arquivo.

Traballar con proxectos .aup3 editando son debería ser un pouco máis rápido que antes, pero terminar e pechar un proxecto ao final do traballo pode ser bastante máis lento. Pódense abrir os proxectos antigos .aup en Audacity 3.0.0, onde se converterán ao novo formato.

Outras novidades:
Mellora do efecto Noise Gate e engadido un novo analizador Label Sounds, que permite etiquetar sons e silencios. Pódense importar e exportar macros, e hai un par de comandos novos para utilizar a última ferramenta ou o último analizador utilizados.

Máis información

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal