As mellores prácticas para legalizar os teus soportes dixitais no CDTIC

Venres, 16 Outubro 2020

O próximo 21 de outubro, de 10.00 a 10.45 horas, terá lugar por streaming a charla sobre “As mellores prácticas para legalizar os teus soportes dixitais. Evita sancións de maneira moi sinxela. APDTIC”.

Porque o 31 de outubro de 2020 está a caer e aínda hai moitas páxinas webs sen acatar a nova normativa. Aproveitaremos a sesión para explicar e indagar nos diferentes requisitos legais dunha páxina web, diferenciando cando se vende online e cando so ten un carácter máis informativo.

Charla pensada para calquera usuario, empresa ou administación.

Programa

– Novos criterios sobre o uso das cookies (deben implementarse, a máis tardar, o 31 de outubro de 2020 -prazo establecido pola AEPD-)
– Que aspectos legais debes ter en conta no ámbito dixital?
– E se vendes online, sabes que tes que asinar un contrato co usuario?
– Boas prácticas e exemplos do que non se pode facer

Inscrición

Podedes facela inscrición a través desta ligazón.

Organizan

Amtega, APDTIC e Agasol

Imparte

APDTIC

APDTIC é unha consultora especializada no dereito TIC, composta por un equipo multidisciplinar de profesionais dos ámbitos xurídico e tecnolóxico. O noso principal obxectivo é proporcionar cobertura legal ás empresas e ás administracións públicas nos seus novos retos dixitais.

Agasol (Asociación de empresas GAlegas de SOftware Libre)

Iniciativa de empresas galegas de software libre que se agrupan nunha asociación para intentar acadar maiores oportunidades de negocio, exercer como interlocutoras dun sector en fase expansiva en Galicia e, ao tempo, promover un modelo de sociedade do coñecemento no que resulta clave a liberdade para mellorar os programas informáticos e facer públicos e accesibles eses progresos.

Máis información na web do CDTIC

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal