Durante unha reunión do goberno local de Welsh, os mandatarios da cidade decidiron apostar por implantar unha solución en Software Libre para o correo electrónico nos seus colexios. Desta maneira, unha cantidade próxima ás 40.000 persoas (entre mestres e alumnos) usarán Software Libre na súa comunicación vía e-mail…

A medida afectará a 15 escolas secundarias e 125 primarias, e a empresa encargada de prover de e-mail e correo electrónico a todas elas será Sirius Corporation.

Sirius Corporation terá que construír un sistema que terá que prover de correo electrónico a todos os estudantes e mestres de Carmarthenshire (uns 40.000 aproximadamente). Inicialmente, só entre 3.000 e 5.000 mestres terán acceso ás súas contas de correo, mentres a maioría do proxecto se completará a finais de outubro.

A empresa Sirius usará un servidor baseado en [[Debian]] GNU/Linux para crear e manexar as novas contas de correo, e ademais implementarán unha solución consistente na modificación doutras aplicacións tamén baseadas en Software Libre, incluíndo GOsa (ferramenta de manexo de contas de correo) e Squirrelmail (un cliente de correo en Software Libre).

Dende o concello tamén consideraron o software propietario; mais tiveron que descartalo, basicamente polo custe.

“O software propietario viña a ser significativamente moito máis caro, sobre todo polas licenzas. Claramente, o prezo das licenzas por usuario serían prohibitivas”.

Podes ler máis sobre esta noticia na fonte orixinal: news.zdnet.co.uk 

Pin It on Pinterest

Share This