O “Arduino Day” é unha celebración anual de ámbito mundial no que teñen lugares diversas actividades arredor da plataforma de hardware libre Arduino. Este ano o día oficial foi o 16 de marzo, día no que se celebraron diversos eventos como o que se celebrou na Pontes da man de Amigus Lab.
Outros colectivos escolleron celebrar o día do Arduino noutras datas. A asociación “Makers Lugo” decidiu celebralo o día 6 de Abril dende as 10:30 horas no CEI Nodus de Lugo.
Durante toda a xornada do Arduino Day Lugo terá lugar diversas actividades, como exposición de proxectos, charlas breves, obradoiros e competicións de robótica.
O programa do Arduino Day de Lugo 2019:
- Exposición aberta de proxectos (10:30-13:30 e 16:30-19:30)
- Reto impresión 3D (construcción dun tramo da muralla de Lugo con pezas impresas)
- Relatorios breves:
- 12:30 Odoo+Arduino
- 12:45 Proxecto Cyclops
- 13:00 Iniciación a impresión 3D e primeiras dúbidas
- Competicións de robótica:
- 11:30-12:30 Sigueliñas e velocistas
- 17:30-18:30 Loita de robots con mini sumobots
- Obradoiros:
- 10:30-19:00 Obradoiro de deseño 3D
- 11:00-13:00 Obradoiro de Cohetes
- 10:30-13:30 Obradoiro de Escornabots
- 16:30-18:30 Obradoiro de Echidnashield
Para máis información sobre a celebración ou a inscrición nos obradoiros, competicións… recoméndase visitar a páxina web do evento.