O 10 e 11 de outubro terá lugar unha edición en liña da Arch Conf. Na conferencia, poderán verse tanto presentacións do equipo de Arch, como presentacións da comunidade e charlas rápidas.

Programa

O programa da conferencia pódese atopar nesta ligazón.

Streaming

A transmisión estará dispoñible a través do Centro de Operacións de Vídeo da CCC, que albergará a transmisión principal, e unha retransmisión en Twitch:
C3VOC: https://streaming.media.ccc.de/archconf2020/
Canle Twitch: https://www.twitch.tv/archlinuxconf

Poderase mandar preguntas durante as sesións de preguntas e respostas, usando a canle IRC:
https://kiwiirc.com/nextclient/irc.freenode.net/?nick=ArchConf%7C?#archlinux-conf-q&a
en Freenode, ou escribilas no chat de Twitch.

Gravacións

As charlas serán subidas a:
Arquivo: https://static.conf.archlinux.org/
C3VOC: https://media.ccc.de/

Máis información nesta ligazón

Pin It on Pinterest

Share This