Nesta entrega veremos algunhas aplicacións para poder usar o dobre factor de autenticación desde o teu smartphone, e así mellorar a túa seguridade dixital.

Todo o mundo está familiarizado co método de usuario/contrasinal para acceder a moitos servizos online, pero non é a opción máis segura posible. A autenticación ou verificación en dous pasos (abreviado como 2FA) é un sistema que agrega un nivel adicional de seguridade ao proceso de acceso ás contas en liña.

O usuario ten que identificarse de 2 maneiras diferentes: require dun código obtido a partir dunha aplicación ou dun token USB, ou dunha tarxeta de coordenadas, ou dunha mensaxe SMS, ou dunha pegada (tamén valería o iris, a voz ou o rostro do usuario), ademais dun contrasinal para acceder ao servizo.

Vídeo sobre Aegis Authenticator

Pin It on Pinterest

Share This