O próximo 17 de marzo, en horario de 19:00 a 21:00, terá lugar o evento “Angular fundamentals” organizado polo grupo Coruña JS, no Centro Ágora (Av. Gramela, 17 – A Coruña).

Angular fundamentals

Da man de Yago Pérez, aprenderemos nesta charla como se comporta o framework Angular.

Angular é un framework para aplicacións web desenvolto en TypeScript, de código aberto, que se utiliza para crear e manter aplicacións web dunha soa páxina.

O seu obxectivo é aumentar as aplicacións baseadas en navegador con capacidade de Modelo Vista Controlador (MVC), nun esforzo para facer que o desenvolvemento e as probas sexan máis fáciles.

Yago é Frontend Engineer @MOBGEN e formador de tecnoloxías frontend en HACK A BOSS.

Con esta charla, a xente de Coruña JS da comezo a unha serie de charlas dedicadas exclusivamente ao frontend, pensadas para dar a coñecer como se comportan os distintos frameworks e librerías de moda naqueles puntos comúns á maioría dos frontends modernos, como son:

– Compoñentes.
– Xestión do estado.
– Fluxo dende a UI ata a API.
– Performance.
– Testing.
– Comunidade/Tooling.
– Futuro.

Ao remate e como é costume, a xente do meetup irá tomar unhas cañas ao bar O Novo Queimada (por cortesía de Corunet) para facer networking.

Coruña JS

Grupo de programadores afincados na cidade de A Coruña. Reúnense mensualmente para falar sobre JavaScript e o seu ecosistema: Node.js, TypeScript, React…

Máis información no meetup do evento

Pin It on Pinterest

Share This