Desde a Organización do Concurso Universitario de Software Libre, anunciaron que van estender a fase de inscrición ata o 21 de xuño.
A misión do Concurso Universitario de Software Libre é tentar chegar a todos os estudantes de España para darlles a coñecer os beneficios do Software Libre non só a nivel institucional senón tamén a nivel persoal.
Desde a organización esperan que esta extensión faga que os indecisos se lancen a participar e saquen adiante eses proxectos que tanto gozarán durante a fase de desenvolvemento.