A asociación Amigus Labs convoca a todos os “argalleiros” a visitar o Lar de Endesa o día 13 e 14 de outubro en As Pontes de García Rodriguez nun evento discorrerá durante toda a xornada do sábado e durante a mañá do domingo.

Dedicarán toda a fin de semana a traballar de forma comunitaria nos proxectos que teñen abertos, así como a difundir coñecemento aberto. Nesta nova edición os compañeiros de Amigus Labs teñen como novidade a intención de adentrarse no mundo das FPGAs da man da Alhambra II, unha placa libre con FPGA que forma parte do movemento chamado “FPGA wars” mediante o cal se pretende desenvolver e dar difusión de alternativas libres ás FPGAs pechadas.

Ademais, a xente de Amigus Labs tamén convidan a toda persoa que teña un proxecto “maker” a ir ao evento para traballar todos nun mesmo espazo colaborativo no que aprender xuntos sobre tecnoloxías libres.

Máis información e instrución para a inscrición na páxina web do evento.

Pin It on Pinterest

Share This