Amigus Labs – Obradoiro de robótica en familia

Mércores, 19 Agosto 2020

O 26 e 27 de agosto en Amigus Labs (Praza do Hospital 14, As Pontes), terá lugar o “Obradoiro de robótica en familia. Iniciación a Arduino”.

Robótica en familia

Robótica en familia, unha actividade conxunta, na que participan os pais e nais cos fillos. A idade dos nenos será entre 6 e 10 anos. Neste obradoiro, descubriranse aplicacións e ferramentas dixitais para aprender a axudar ós fillos a desenvolver as súas capacidades utilizando a tecnoloxía.

Obradoiro orientado á iniciación ao mundo da programación e a robótica a través de Arduino e o programa Bitbloq.

Propoñémonos atopar metodoloxías que potencien nas nenas e nenos as capacidades reflexivas, críticas e creativas, co obxectivo de que desfruten da tecnoloxía en familia de forma lúdica, fornecendo a súa vez o vínculo familiar:
– Aprender a construír un robot.
– Aprender a programalo cunha linguaxe gráfica, baseado en iconas, que sentará as bases do coñecemento necesario para entender conceptos relacionados coa robótica e a física.
– Fomentar a curiosidade pola ciencia e a informática mentres se divirten.
– Fornecer os vínculos emocionais e reforzar a confianza entre os membros da familia traballando conxuntamente para resolver os retos propostos mediante a construción e programación dos robots.
– Utilización de materiais de reciclaxe.

A Asociación Informática Amigus proporcionará todo o material para realizar o obradoiro.

Inscrición

O curso é gratuíto, as inscricións formalizaranse por orde de rexistro en amiguslabs.org. No caso de ter praza e non poder asistir prégase informar o antes posible para poder cubrir a praza coas seguintes persoas na lista de espera nos emails amigus@amigus.org ou euroeume@euroeume.org.

Máis información na web do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal