A asociación Amigus convoca a súa primeira xuntanza do ano de Amigus Lab Maker. Todos os argalleiros e argalleiras con gana de cacharrear e aprender están convidados a este evento que terá lugar no Lar de Endesa de 10:30 a 14:00 e de 16:00 a 20:00 nas Ponte de García Rodríguez o día 2 de febreiro.
O encontro deste sábado contará con presentación de proxectos, un espazo para retos, zona de impresión 3D, así como a sección infantil (Amigus Labs Kids), na que se impartirá un obradoiro de deseño gráfico con ferramentas libres como Inkscape e outro onde se construirá un robot de debuxo empregando hardware e software libre
Esta sesión forma parte da serie de eventos chamada Amigus Lab Maker organizada pola a asociación Amigus e Merca Nas Pontes, mediante a cal se pretende involucrar á cidadanía na creación dixital, arte, tecnoloxía e o mundo “maker” facéndoa partícipe de obradoiros, sesións de traballo…
Para máis información, así como inscribirse ao evento, pódese visitar a páxina web do mesmo.