¿Gústache argallar? ¿Ver os proxectos dos outros? ¿Tes algún proxecto en mente? ¿Precisas axuda? ¿Algunha ferramenta?

Se a resposta é afirmativa a algunha destas preguntas, podes pasar o sábado 10 de outubro polo fablab de Amigus Labs en As Pontes, de 10:00 a 14:00 na Praza do Hospital nº 14 (As Pontes). Alí atoparás impresoras 3D, cortadora CNC, estacións de soldadura… e máis argalleiros para axudar no que precises.

En Amigus Labs están rematando a montaxe dunha impresora 3D de gran formato. Podes participar na parte de configuración do Marlin da impresora, coñecer este modelo de impresora 3d: como funciona, de que partes se compón cada unha das súas pezas e como se configura e nivela.

Ademais, se queres coñecer como funciona o FabLab, que actividades realizan ou como asociarte para poder empregalo, a xente de Amigus Labs organiza unha xornada de portas abertas.

Inscrición

Para asistir só é necesario reservar a túa praza escribindo a amigus@amiguslabs.org.

Máis información na web de Amigus Labs

Pin It on Pinterest

Share This