O sábado 12 de outubro, de 10.00 a 20.00, inaugúrase nas Pontes o Centro de Arte e Creación Dixital de Amigus Labs, así como o Fab Lab As Pontes (na praza do Hospital das Pontes, no número 14).

Consistirá nunha xornada de portas de abertas para dar a coñecer o novo espazo, de máis de 200 metros cadrados, onde poderase ver as máquinas das que dispoñen no local (impresoras 3d, cnc e plotter de corte), así como os proxectos que realizan a xente de Amigus Labs ao longo deste ano (electrónica, robótica, prototipado e arte).

Aproveitarán tamén para dar a coñecer as vantaxes do uso de software e hardware libre, e as futuras actividades que se van realizar no novo local onde terán a oportunidade de innovar e levar a cabo proxectos que doutra forma non serían posibles.

Inscrición á xornada de portas abertas

A inscripción é gratuita, o prazo remata o 11 de outubro. Podes apuntarte enviando un correo a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).

Obradorio de deseño vectorial con Inkscape

De 11:00 a 14:00 realizarase un taller gratuíto de deseño vectorial usando Inkscape, software libre para traballar con imaxes vectoriais, tanto para usos noveis como profesionais, e multiplataforma (Windows, Mac OS e GNU/Linux).

Programa

Conceptos teóricos sobre o deseño vectorial
Traballando con Inkscape
Deseños básicos
Creación de figuras
Imaxes
Recortes
Edición das figuras
Textos
Prácticas

Deseños avanzados
Curvas Bézier
Nodos
Capas
Transformacións
Prácticas
Exportacións dos traballos
Tipos de licenzas para publicar e usar deseños e imaxes
Creative Commons

Público obxectivo do curso

Inkscape é unha ferramenta polivalente que se adapta a calquera necesidade á hora da creación de deseños, polo tanto este curso está dirixido a calquera perfil de usuario interesado en aprender a crear deseños de calidade ou mellorar as súas habilidades.

Poden asistir ao taller menores a partir de 14 anos pero sempre acompañados por un adulto (durante todo o taller).

Inscrición ao obradoiro de deseño vectorial con Inkscape

Para asistir ao taller é obrigatorio rexistrarse no formulario que atoparás na páxina do evento.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This