O vindeiro 1 e 2 de xuño, na Biblioteca do Conservatorio Profesional de Música de As Pontes, terá lugar unha nova xornada de traballo de Amigus Labs, un espacio dedicado ao arte, á creación dixital e formación.

Na xornada do Amigus Labs • Maker 19.2 avanzarase nos tres proxectos que conducirán a IV Regata Solar que organiza Marine Instruments en Baiona o vindeiro 22 de xuño.

Os proxectos son abertos, realizados dentro do Fab Lab, onde calquera poder participar para fomentar a creatividade e a colaboración entre entusiastas das novas tecnoloxías ou xente que lle gusta aprender algo novo.
En todos eles emprégase software e hardware libre ou de código aberto.

Proxectos

Banco de Probas

No primeiro dos proxectos, rematarase a programación e configuración dun Banco de Probas, para analizar de forma sinxela a eficiencia de distintos motores e hélices e o seu rendemento.

Barco Solar

No proxecto do Barco Solar impreso en 3d, daranse os últimos retoques de pintura do casco, e engadirase a electrónica e mecánica para comenzar as probas de navegación no Lago de As Pontes.

Coche Solar

E no proxecto do Coche Solar, que están acabando de imprimir en 3d e onde buscan obter un deseño completamente en 3d, evitando utilizar no máximo posible pezas comerciais, montarase e deseñaranse as partes de hardware e software libre para o seu control.

Horario

Sábado de 10:00 a 20:00, facendo unha parada para comer de 14:00 a 16:00.
Domingo de 10:00 a 14:00.

Material recomendado para asistir

– Portátil o CPU, monitor, rato, teclado e cables.
– Tarxeta de rede Ethernet con conexión RJ45 ou conexión WiFi
– Regreta de enchufes.
– Cascos para a música.
– D.N.I.
– Cargador de teléfono.

Outras recomendacións

– Facer copia de seguridade dos datos importantes.
– Antivirus.

Inscrición

A inscrición é gratuíta, ata o 30 de maio. Podes apuntarte enviando un correo a amigus@amiguslabs.org (prazas limitadas).

Organizan

Asociación Informática Amigus, Amigus Labs, Merca Nas Pontes

Patrocinan

Amtega

Colaboran

Concello das Pontes, COHEMPO, ENDESA, EuroEume, Nauta, No Ping, Nodo Dixital, Triade, Severiano Agrocomercial, Escourido Asociados, Clip Carbono, Ferretería Marcos, Lujo, Matojoma, You can school of English, Fitter, Pontesa Marmoles y granitos, Desguaces Vilabella, Óptica Carmela, Servicio Móvil, Areco, Panadería San José, Fotografía Fabian, Don Dino, CONPLC, IcoEume, Preludio Musical, Arprosa, Radio Eter, Conservatorio Profesional de Música de As Pontes

Máis información na web oficial.

Pin It on Pinterest

Share This