A Asociación Informática Amigus organiza, en colaboración con CIENCIA KIDS, un campamento de ciencia e tecnoloxía do 27 ao 31 de Xullo no Lar de Endesa de As Pontes, en horario de 9:00 a 14:00. Está dirixido a rapaces entre 6 a 16 anos, e ten un prezo de inscrición de 50€.

Campamento de ciencia e tecnoloxía – Amigus Kids Labs

Talleres participativos, divertidos e innovadores adaptados para nenos de 6-16 anos. Coa realización destes talleres de ciencia búscase proporcionarlles aos mozos a base dun pensamento lóxico dedutivo.

Actividades interactivas onde se farán experimentos científicos axustados en contidos que todos os participantes poden levar a cabo. Coa realización destes experimentos foméntase o traballo en equipo, a elaboración de hipótese e a experimentación con materiais, para despois desenvolver pensamentos que boten á luz o que sucede e así reflexionar sobre os resultados.

Electrónica, robótica e impresión 3D

No campamento os rapaces e rapazas verán a placa EchidnaShield, un proxecto de software libre e hardware libre dirixido á aprendizaxe STEM.

Echidna Shield

EchidnaShield é un proxecto dirixido a facilitar a aprendizaxe da programación de sistemas físicos nos últimos cursos de Primaria e en Secundaria. Con este fin deseñouse un escudo para Arduino, pensando no seu uso con contornas visuais de programación. O escudo está apoiado nunha guía educativa con propostas de actividades para a aula.

Scratch para Echidna, contorna de programación visual.

A robótica é unha gran ferramenta educativa que, usada adecuadamente, potencia capacidades dos alumnos como a matemática e a tecnolóxica, a capacidade de aprender a aprender, a capacidade no tratamento da información dixital ou iniciativa persoal.

As impresoras 3D, no ámbito educativo achega numerosos beneficios: fomenta a aprendizaxe interdisciplinar e o traballo en equipo, melloran o ensino e axudan a aclarar conceptos.

Inscrición e lista de espera

O campamento está completo, en caso de quedar algunha praza libre avisarán por orde de rexistro. Podedes apuntarvos á lista de espera nesta ligazón.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This