A xente de Amigus Labs invítanos, o vindeiro 21 de marzo, coincidindo co día mundial do Arduino, a celebrar en Amigus Labs un obradoiro para nen@s, de “Iniciación ao Arduino e á robótica”, unha forma práctica e divertida de coñecer Arduino e as posibilidades que ofrece.

Durante 6 horas, os nenos aprenderán a programar en Arduino, a desenvolver os seus primeiros programas e proxectos, entre eles fabricarán robots e elementos dunha cidade intelixente.

Horario

De 10:30 a 14:00 h e de 16:00 a 19:00 – Amigus Labs Kids – Obradoiro de iniciación a Arduino e a robótica.

A idade para participar no taller é de 6 a 12 anos. Cada neno terá á súa disposición un equipo informático así como todo o material para realizar os proxectos. Se algún quere usar o seu propio computador pode traelo.

Inscrición

A actividade e gratuíta para os fillos dos socios de Amigus Labs e de 10€ para os non socios.

Unha vez cuberto o formulario de inscrición (que atoparás nesa ligazón), enviarase un email confirmando a reserva da praza así como o número de conta onde formalizar a inscrición.

Máis información na web de Amigus Labs

Pin It on Pinterest

Share This