Mancomún
Mércores, 15 Xuño 2022

AlmaLinux 9

Enlace externo

AlmaLinux 9, é a nova versión sucesora de CentOS e derivada de Red Hat Enterprise Linux (RHEL). AlmaLinux 9 recolle de RHEL 9 todas as actualizacións, incluíndo optimizacións de rendemento e melloras de seguridade, así como novas versións de compoñentes. AlmaLinux 9 engade, ademais, novos repositorios para SAP e SAPHANA.

captura

AlmaLinux 9 introduce a opción de instalar facilmente entornos de escritorio alternativos ao GNOME predeterminado, contando con: GNOME, GNOME-mini, KDE e Xfce, entre outros.

captura

A distribución pódese descargar para as arquitecturas: Intel/AMD (x86_64), ARM64 (aarch64), IBM PowerPC (ppc64le) e IBM Z (s390x), imaxes para servizos na nube para AWS, Azure, Google Cloud, Open Nebula, imaxes de Docker, para Raspberry Pi e tamén para Windows Subsystem para Linux.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal