A Akademy-es 2023 celebrarase no local da Térmica en Málaga, entre o 9 e o 10 de xuño, xunto á Opensouthcode.
“Desde KDE España alegrámonos de traballar xunto cos organizadores do Opensouthcode, un dos eventos máis importantes para a promoción e a visualización das tecnoloxías abertas. Estamos seguros de que gozaremos duns días fantásticos de relatorios, presentacións, talleres, conversacións, intercambio de ideas e de cultura libre en xeral.”
Durante o evento, realizaranse charlas tanto para usuarios como para desenvolvedores, ademais de talleres prácticos e outras actividades de carácter máis social coas que se pretenden cumprir os seguintes obxectivos:
– Poñer en contacto a desenvolvedores de KDE de toda España, para que poidan falar dos proxectos en que están a traballar, compartir código, experiencias e coñecemento.
– Dar a coñecer os proxectos KDE como a contorna de escritorio a novos usuarios.
– Divulgar acerca das tecnoloxías KDE, tanto para novos desenvolvedores como para usuarios que queiran coñecer mellor KDE.
– E por suposto, o obxectivo principal é que todos gocemos aprendendo máis sobre Software Libre e KDE.