Akademy 2020, do 4 ao 11 de setembro

Luns, 24 Agosto 2020

A Comunidade KDE será esta vez a anfitrioa da Akademy 2020, evento en liña entre o venres 4 e o venres 11 de setembro.

Akademy

Akademy é o evento da Comunidade KDE que xunta nunha gran conferencia a todo tipo de simpatizantes de KDE (desenvolvedores, deseñadores, usuarios, tradutores, promotores…).

Nesta ocasión reuniranse de forma online ao longo dunha semana para compartir charlas, relatorios, talleres e, en definitiva, para traballar xuntos. Akademy leva realizándose anualmente desde o 2004.

A pesar de non poder reunirse en persoa este ano, os membros de KDE poderán chegar a unha audiencia aínda máis ampla e máis xente poderá asistir e ver as charlas en vivo, aprender sobre o funcionamento da tecnoloxía e a Comunidade participando en preguntas e respostas e paneis.

Programa Akademy 2020

Comezará con sesións de adestramento virtual, o venres 4 de setembro, seguido por varias sesións de charlas que se levarán a cabo o sábado 5 de setembro e o domingo 6 de setembro. Os 5 días restantes estarán cheos de obradoiros.

Podedes acceder ao programa completo nesta ligazón.

Camiseta oficial da Akademy 2020

Se queredes colaborar coa Akademy, podedes mercar a camiseta oficial do evento a través desta web.

Máis información na web oficial do evento

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal