Akademy 2019, programa das charlas dispoñible

Venres, 19 Xullo 2019

Xa está dispoñible o programa das charlas que terán lugar na Akademy 2019, esta vez na cidade de Milán.
A Akademy ofrece a todos os colaboradores de KDE a oportunidade de coñecerse en persoa para fomentar os lazos sociais. Reúne a artistas, deseñadores, desenvolvedores, tradutores, usuarios, escritores, patrocinadores e outros tipos de colaboradores de KDE.
Unha fin de semana chea de charlas, paneis e keynotes. Ademais, o resto da semana dedicarase ás sesións de BoFs (Birds of a Feather), onde os membros da comunidade con intereses similares reúnense e traballan nos seus proxectos, así como en sesións de codificación, reunións e actividades sociais.

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal