Agasol renova a súa xunta directiva

Luns, 27 Xullo 2009

AgasolA Asociación de Empresas Galegas de Software Libre (Agasol) fixo pública a semana pasada a nova composición da xunta directiva da agrupación, elixida durante a celebración da Asamblea Xeral que tivo lugar o 20 de xullo en Santiago de Compostela. Esta renovación facíase imprescindíbel desde que a finais do pasado mes de febreiro o anterior presidente de Agasol, Javier Vázquez, anunciase a súa baixa ao frente do colectivo por mor da marcha deste da empresa Igalia.

Agora é Roberto Brenlla, membro da empresa Tegnix e recoñecido activista na promoción do software libre, o que sucede a Javier Vázquez na presidencia, poñendo fin á primeira etapa da asociación na que en menos de dous anos – constituída en agosto de 2007 baixo a directiva saínte– se conseguiron avances importantes no campo das TIC galega.

Xunto a Brenlla estarán na vicepresidencia, Jorge Vázquez de Redegal; como secretario continúa José Ramón Pena, de Inforede; e como tesoureiro Xaime Garaboa, de Signo. Os catro vogais son David Pardo, de Corunet; José Manuel Monteagudo, de Bora Telecom; Óscar González Represas, de ITG; e Marcos Pita, de Egalcom.

Ademais da novo equipo directivo, a Asamblea Xeral permitiu achegar ao acordo para a creación de novos grupos de traballo, así como a mellora dos actuais Estatutos. Houbo ocasión tamén para expor os trazos principais do Plan Estratéxico 2009-2010.

A directiva entrante inaugurouse nas súas funcións xa cunha reunión co presidente de ASOLIF, Daniel Armendáriz, o pasado 22 de xullo. Estiveron presentes por parte de Agasol, Roberto Brenlla, e o xerente da entidade, Luís Fernández,

Nova xunta directiva

Presidente: Roberto Brenlla de Tegnix

Vicepresidente: Jorge Vázquez de Redegal
Secretario: José Ramón Pena Rodríguez de Inforede
Tesoureiro:Xaime Garaboa Fernández de Signo
Vocal: David Pardo de Corunet
Vocal: José Manuel Monteagudo de Bora Telecom
Vocal: Óscar Glez. Represas de ITG
Vocal: Marcos Pita de Egalcom

Fonte: Agasol

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal