AENOR lanza a certificación de accesibilidade web

AENOR lanza a certificación de accesibilidade web

http://www.mancomun.org/images/stories/accessibility-directory.pngTodo tipo de páxinas e portais existentes na Internet poderán optar a un certificado de calidade que acredite que son accesibles para o maior número de persoas, independentemente das súas limitacións ou das derivadas da contorna de uso. Este é o resultado do acordo de alcance internacional subscrito pola Asociación Española de Normalización e Certificación (AENOR) co Centro Tecnolóxico da Información e a Comunicación (CTIC), en Asturias, e co Instituto Europeo de Software (ESI Tecnalia), en Euskadi.

Segundo a Lei de Servizos da Sociedade da Información e de Comercio Electrónico (LSSICE), as Administracións públicas españolas deben cumprir dende o 1 de xaneiro de 2006, os requisitos necesarios para que as súas páxinas web sexan accesibles a persoas con diversidade funcional e de idade avanzada. Esto mesmo é aplicable aos sitios web privados que contan con financiamento público.

AENOR desenvolveu un sistema de certificación nesta materia, segundo a norma UNE 139803:1994 Aplicacións informáticas para persoas con diversidade funcional. Requisitos de accesibilidade para contidos Web, que se fundamenta nas directrices de accesibilidade do World Wide Web Consortium (W3C), que conta cunha oficina española que está na Fundación CTIC.

A nova certificación garante ás empresas privadas e Administracións públicas que os seus sitios web cumpren en todo momento coas pautas de accesibilidade establecidas na norma e aporta un selo de excelencia a súa presenza na Internet. Asemade serve como importante guía de apoio á hora de definir os requisitos de contratación e como distintivo de confianza para os usuarios.

A accesibilidade permite que un sitio ou servizo web poida ser empregado de forma satisfactoria polo maior número posible de persoas, independentemente das súas capacidades persoais ou tecnolóxicas, e a súa falta nega o acceso a potenciais usuarios e, dende o punto de vista empresarial, a posibles clientes.

Como exemplos de características dunha web accesible pode citarse que permita configurar o tamaño de letra para evitar dificultades de visión, ou uso de estándares internacionais que garantan o acceso á información en diferentes sistemas operativos ou cos vídeos deban estar subtitulados para facilitar a súa comprensión a persoas con problemas auditivos.

O acordo supón que CTIC e ESI prestarán a AENOR servizos técnicos mediante inspectores cualificados que analizarán o grado de accesibilidade das páxinas web, tanto en empresas como en institucións. O proceso consiste en avaliar un sitio web, combinando sistemas de revisión automática con metodoloxías de inspección manual.

Os especialistas traballarán como inspectores cualificados de acordo aos procedementos vixentes na certificación de produtos e segundo os requisitos deontolóxicos establecidos por AENOR, especialmente, no relativo á independencia para asumir labores de asesoramento e consultoría.

Fonte: Fundación CTIC

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal