Administración de sistemas operativos GNU/Linux, certificación LPIC-1

Martes, 26 Outubro 2021
Administración de sistemas operativos GNU/Linux, certificación LPIC-1

Do 22 de novembro ao 7 de marzo do 2022 terá lugar o curso de Administración de sistemas operativos Linux – Certificación LPIC-1 (Teleformación) – Edición 1, organizado polo CNTG.

Descrición

Este curso oficial constitúe o itinerario formativo e de certificación deseñado pola organización internacional Linux Professional Institute (LPI) para a correcta preparación do seu nivel profesional de certificación LPIC1: Linux Administrator. Desenvolvido dende unha orientación de aprendizaxe baseada na práctica, o curso proporcionará ao alumnado acceso a ferramentas mediante as que levará a cabo multitude de laboratorios e escenarios reais que se propoñen ao longo da formación. O curso será en modalidade de teleformación (horario libre).

Ao final do curso, os asistentes adquirirán habilidades profesionais para o desenvolvemento de tarefas de mantemento dende a liña de comandos, instalación e configuración dun equipo GNU/Linux e configuración de funcionalidades básicas de rede.

O curso alíñase cos seguintes obxectivos da certificación LPIC 1:

• Arquitectura de sistemas
• Instalación de Linux e Mantemento de paquetes
• Comandos GNU e Unix
• Dispositivos, sistema de ficheiros Linux e xerarquía estándar dos sistemas de ficheiros Linux
• Shells, Scripting e administración de datos
• Interfaces e Escritorios
• Tarefas de administración
• Servizos básicos do sistema
• Fundamentos de rede
• Seguridade

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal