Actualizacións do iD de Open Street Map e de JOSM, ferramentas de cartografado libre

Martes, 3 Setembro 2019

Temos un par de actualizacións relacionadas co mundo do cartografado aberto e libre como son o iD de OSM (editor en liña de referencia para incorporar datos ao proxecto Open Street Map de maneira sinxela e amigable) e JOSM (editor extensible para Open Street Map en Java 8+, soporta a carga de pistas GPX, imaxes de fondo e datos OSM desde fontes locais así como desde fontes en liña e permite editar os datos OSM).

O iD chega á versión 2.15.5 con estas novidades: elimínase o soporte para Node 6 (agora requírese Node 8 ou superior), interface máis navegable con tabulacións, renderiza as beirarrúas nunha cor diferente ao dos carreiros para peóns, campos de procura por etiqueta e palabra crave, resaltado das relacións no mapa cando se pasa o rato por encima delas, permite seleccionar e copiar etiquetas desde Datos de Mapa Personalizados, aclara que conectar unha vía fluvial cruzando unha estrada engadirá un vao, entre outras.
JOSM alcanzou a versión 15322 e chega con novo logo. A nova versión permite a adición de etiquetas de conxunto de cambios mediante control remoto, mellora a visualización co novo MapCSS (novas funcións para recuperar metadatos OSM, método de ordenación) e funcións Mappaint (habilitada a agrupación de axustes de estilo similares para habilitar/deshabilitar varios axustes á vez e novo modo de cor “Quality” GPX) e moitas máis melloras.

Máis información:
iD de OSM
JOSM

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal