Hoxe remata o prazo para inscribirse no programa OpenJob promovido por ASOLIF en colaboración de INASFO2 e o Ministerio de Traballo, do que xa informamos esta semana.

Complementando a información ao respecto do mesmo, cómpre aclara que se trata dun Programa Activo de Formación e Emprego, co obxectivo da contratación de, cando menos, o 60% dos participantes con avaliación positiva de cada un dos cursos, en postos de traballo relacionados con el sector das TIC.

O curso está dirixido a persoas en situación de desemprego con coñecementos orientados á informática, preferentemente programación, das titulacións:

  • Formación Profesional, Enxeñerías Técnicas o Superior en especialidade Informática o u Telecomunicacións
  • Outros estudios asimilables o equivalentes.
  • Sen titulación ou doutras titulacións non relacionadas coa informática para o que se valorará a experiencia profesional no ámbito da programación e desenvolvemento informático .

Ao finalizar o curso, o alumnado será capaz de planificar e implementar solucións corporativas de software libre en organizacións privadas e públicas, así como colaborar no deseño, construción e mantemento de sistemas informáticos e proxectos de software, utilizando software libre. 

O programa do curso é o seguinte:

Temario: (275 horas)

  • Introdución ao Software Libre – Aspectos legais (15 horas)
    • Introdución ao Software Libre
    • Aspectos legais
    • O desenvolvedor e as súas motivacións
    • Economía
    • Iniciativas públicas
    • Contornos e tecnoloxías de desenvolvemento
  • Administración de Sistemas Linux (20 horas)
    • Presentación
    • Conceptos e ordes básicas
    • Proceso de instalación
    • Configuración básicas
    • Instalación de aplicativos
    • Obradoiro de configuracións básicas
    • Táboas de comandos
    • Ferramentas de administración
    • O kernel
  • Fundamentos dos sitos web (30 horas)
    • Introdución
    • Metainformación
    • Texto
    • Ligazóns
    • Listas
    • Imaxes e obxectos
    • Táboas
    • Follas de estilo
  • Enxeñería do Software en contornos de software libre (30 horas)
    • Deseño de software baseado en obxectos con UML
    • Control de calidade e probas
    • Construción de software en contorno GNU
    • Control de versións (teoría)
    • Xestión de software
    • Sistemas de creación de documentación
  • Bases de datos (30 horas)
    • Introdución ás bases de datos
    • O modelo relacional e a álxebra relacional
    • A linguaxe SQL
    • Xestores de bases de datos
    • Desenvolvemento de aplicativos en conexión con bases de datos
  • Desenvolvemento de aplicativos web (80 horas)
    • Introdución aos aplicativos web
    • Instalación do servidor
    • Formato estruturado de texto: XML
    • Contido dinámico
    • Acceso a bases de datos
    • Servizos web
    • Utilización e mantemento
    • Monitorización e análise
  • Desenvolvemento de proxectos de Software libre (40 horas)
    • Introdución
    • Ferramentas de xestión de proxectos
    • Control de versións (práctica)
    • A xestión dun proxecto
  • Coordinación de equipos de traballo (15 horas)
    • O persoal
    • Estilos de dirección
    • Organización do traballo
    • Comunicación co equipo
    • Técnicas de motivación
  • Busca de emprego e orientación laboral (15 horas)
    • A empregabilidade
    • Perfil profesional
    • Mercado laboral
    • Técnicas de busca de emprego
    • Análise persoal
    • Proxecto profesional
    • Currículo vital: modalidades e estratexias
    • Carta de acompañamento
    • Entrevista
    • Aspectos legais da relación laboral

Pin It on Pinterest

Share This