A Consellería de Formación e Emprego do Concello de Porriño organiza durante este mes de agosto unhas actividade formativas sobre LibreOffice destinadas as persoas que se atopan actualmente nunha situación de desemprego.

Estas actividades comezaron o pasado 7 de agosto cun curso de iniciación á informática mais será este xoves 17 de agosto cando se imparta o curso de iniciación a LibreOffice Calc.

Esta actividade terá unha duración de 20 horas e rematará o martes día 22, impartíndose de 9 da mañá a 2 da tarde e está enfocado a persoas que teñan coñecementos básicos de ordenador.

Xa para a semana do día 24 de agosto, está programado o curso de LibreOffice Base, cuxa duración aproximada será de 30 horas, impartidas de 9 da mañá a 2 da tarde ata o 31 de agosto e que se dirixe as persoas tamén coñecementos básicos de informática.

O obxectivo de ambos os cursos é que ao final da aprendizaxe os participantes sexan quen de realizar operacións básicas e funcións sinxelas, saber dar formato as celas e configurar a páxina nas follas de cálculo e, por outra banda, ser capaces de crear e modificar táboas, consultas, formularios, informes e crear relacións entre datos.

Para poder participar nestes cursos é necesario inscribirse. A inscrición pódese facerse chamando ao seguinte teléfono 986348944.

Pin It on Pinterest

Share This