NX é unha tecnoloxía para manexar conexións remotas a X Window de forma suficientemente rápida até sobre un módem de 56K. Para iso utiliza compresión de datos e mecanismos de caché, que lle proporcionan un rendemento netamente superior ao doutras solucións deste tipo como VNC. Tamén emprega SSH para cifrar a conexión entre servidor e cliente. Ademais de permitir aos usuarios iniciar sesión nunha máquina remota accedendo ao escritorio, permite tamén suspender e recuperar sesións.

NX é un produto da empresa NoMachine, que dispón de licenza GPL sobre a propia tecnoloxía NX, existindo múltiples implementacións, tanto comerciais como gratuítas, e tanto libres como propietarias, de servidores e clientes.

 

Descarga: freenx

Fonte: Linux-party.com

Pin It on Pinterest

Share This