Ábrese o servizo Beta de Signal

Luns, 16 Maio 2016

Hoxe facémonos eco dun anuncio feito recente no mundo das aplicacións de mensaxeira instantánea para smartphones e ordenadores persoais. A compañía Open Whisper Systems’s Signal, filial de Twitter, acaba de abrir o seu servizo Signal en beta para o envío de comunicacións cifradas. Este servizo, a pesares de que a aplicación xa estaba dispoñible dende fai algún tempo, só podía ser accedido a través dun sistema de uso mediante invitación.
Signal fíxose recentemente popular tralo anuncio de Edward Snowden nas redes sociais de ser o seu principal medio de comunicación segura nos seus dispositivos móbiles.

Signal, que tamén ten a súa versión para escritorio, destaca por ser unha aplicación de código aberta desenvolvida por expertos de contrastada valía no campo da seguridade das telecomunicacións como Moxie Marlinspike, actual xefe de seguridade informática en Twitter.

Esta aplicación fai especial énfase na protección dos mensaxes a través de conexións seguras punto a punto e na verificación da identidade con técnicas out-of-band que maximizan a certeza de que estase falando coa persoa real non cunha suplantación de identidade. Estas características converten a Signal nunha opción interesante que pode chegar a ser máis unha alternativa máis segura con respecto a os dos actuais competidores establecidos Whatsapp e Telegram no eido da mensaxeira instantanea.

Signal licencia GPLv3

Signal foi licenciado como código aberto con licencia GPLv3 en Decembro do 2011 pouco tempo despois de que a empresa propietaria do software, Open Whisper Systems’s Signal, fose adquirida por Twitter.

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal