• A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca a V Edición do Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre.
  • O premio, que foi creado hai cinco anos pola empresa galega Igalia, ten unha contía económica de 2.300 euros a repartir en 3 categorías
  • Desde a Amtega búscase darlle un novo pulo á convocatoria integrando nel aos distintos axentes do sector do software libre galego
  • Poderá presentarse calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira nalgunha das convocatorias dos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012
  • O prazo de presentación de candidaturas comeza hoxe e remata o 31 de outubro 

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia organiza e convoca este ano, por primeira vez, o Premio ao Mellor Proxecto Fin de Carreira con Software Libre. Unha iniciativa que se enmarca no Plan de Acción en materia de Software Libre 2012 da Xunta, dentro das liñas de actuación para mellorar e potenciar os mecanismos de formación e difusión do software de fontes abertas entre a cidadanía galega.

Este premio, que vai pola súa V edición, foi creado no ano 2007 pola empresa galega Igalia, quen ao detectar unha importante carencia de profesionais cunha alta especialización neste área decidiu poñer o seu gran de area para reducir esa falla poñendo en marcha este premio ademais do Máster en Software Libre que organizan en conxunción coa Universidad Rey Juan Carlos e cixa VI edición acaba tamén de publicarse a semana pasada.

Desde a Axencia de Modernización búscase darlle un novo pulo á convocatoria integrando nel aos distintos axentes do ecosistema do software libre galego seguindo a mesma estratexia global e integradora transversal a todas as actuacións do seu Plan de Software Libre. As,í ademais de co patrocinio da empresa Igalia e da Asociación Cultural Proxecto Trasno, cóntase coa participación e colaboración das tres universidades galegas, de AGASOL, e das asociacións galegas de usuarios de Software Libre GALPon, Ghandalf, GPUL, Melisa e Trasno.

Premios
O premio está dotado con 2.300 euros a repartir en tres categorías, primeiro premio, accésit e mención especial, que concederá a Asociación Cultural Trasno á promoción da lingua galega nas Tic ao proxecto en software libre no que se traduza, localice, internacionalice ou se difunda a lingua galega.

O obxectivo do premio é o fomento e o achegamento dos universitarios galegos ao software libre, e a apertura a novas posibilidades de emprego relacionado coas tecnoloxías da información e da comunicación, xa que o Software Libre constitúe un área de traballo en crecemento.

Prazos
Pode optar ao premio calquera estudante do Sistema Universitario Galego que teña defendido o seu Proxecto de Fin de Carreira, cunha nota mínima de 5.0, nalgunha das convocatorias dos anos académicos 2010-2011 e 2011-2012. O prazo de presentación de candidaturas comeza hoxe e remata o 31 de outubro.

Todos os interesados en participar poden consultar a información na páxina do premio dentro do portal mancomún ou poñerse en contacto coa oficina de coordinación FLOSS da Xunta de Galicia.

Con esta iniciativa a Xunta desexa continuar premiando a labor que están a realizar os universitarios galegos á vez que se pon en valor o traballo que realizan durante o seu Proxecto Fin de Carreira e todo elo promovendo o emprego e difusión do Software Libre como ferramenta de achegamento ao mundo laboral.

Pin It on Pinterest

Share This