Este ano 2020, a OSHWDem terá lugar en formato en liña o 7 de novembro e xa están buscando xente que teña proxectos interesantes para amosar sobre tecnoloxía, relacionada coa educación, a robótica, as comunicacións, a música, a arte e a impresión 3D.

A organización comentan na web oficial:
“Buscamos e daremos preferencia a proxectos baseados en tecnoloxías abertas, canto máis abertas, mellor. Valoramos tamén o grao de innovación do proxecto, a calidade da súa documentación, a súa comunidade e, en xeral, calquera aspecto que o faga interesante para a OSHWDem.”

Xa está aberto o Call4Makers, polo que xa podes presentar o teu proxecto achegando toda a información que poidas no formulario que atoparás más abaixo e a organización poñerase en contacto contigo tras valoralo.

Formulario do call4Makers.

Se tes calquera dúbida podes poñerte en contacto a través do correo info@oshwdem.org. A exposición dos proxectos, as charlas e os talleres realizaranse de forma virtual.

Máis información na nota oficial

Pin It on Pinterest

Share This