A Akademy-es 2021 celebrarase en liña do 19 ao 21 de novembro, utilizando tecnoloxías libres.. Xa foi aberto o “Call for Papers” dela para poder presentar a túa charla nela. Prazo para enviar as proposta ata o domingo 24 de outubro ao correo akademy-es-org@kde-espana.org

Formatos de charlas

– Charlas de 45 minutos.
– Charlas lóstrego (Lightning talk) de 10 minutos.

Se a duración das charlas propostas non se axusta a ningún destes dous esquemas (por exemplo, se se necesita máis tempo), isto debe indicarse claramente na comunicación.
Permitirase a KDE España a distribución baixo unha licenza libre de todo o material utilizado para a realización da actividade, así como da gravación da mesma.
A charla pode ser tanto a nivel de usuario como de nivel técnico.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This