Aberta a inscrición para o curso sobre o entorno linux do NODUS

O ciclo de cursos formativos sobre renovación tecnolóxica nas empresas no Centro de Servizos Tecnolóxicos NODUS, organizados pola Concellería de Promoción Económica, Emprego e Comercio, que dirixe Eva Real, terá continuidade a próxima semana cun novo curso co título “Migración ó entorno linux. E esquécete de pagar licenzas“.
 
O curso é totalmente gratuíto e o programa do mesmo, a súa duración e a data de comezo pode consultarse no propio complexo CEI-NODUS ou nas webs municipais: www.lugo.es e www.cei.lugo.es….

O obxectivo desta acción formativa é introducir ao Software Libre a través do emprego de Linux, concretamente da distribución en galego chamada GNIX. Desenvolverase co seguinte guión:

  • Introdución ao Software Libre (Xeneralidades, Comunidade, Modelos de Negocio, Expansión…) (2 horas)
  • Consideracións a seren tidas en conta nun proceso migratorio (1 hora)
  • Experimentando con Software Libre: o GNIX, cd-vivo en galego (1 hora)
  • Experimentando con Software Libre: o escritorio e principais aplicacións para uso diario (1 hora)
  • Instalación permanente dun GNU/Linux en disco duro (2 horas)
  • Axustes na instalación. (2 horas)
  • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org (6 horas)
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Introducción
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Procesador de Textos
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Folla de Cálculo
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Base de Datos e Presentacións
    • Traballos ofimáticos: OpenOffice.org – Maquetación
  • Migración de Servidores: web, correo-e, arquivos, LDAP, antivirus, antispam, traballo colaborativo… (6 horas)

Este curso, iniciarase o luns e rematará o venres. Terá lugar entre as seis e as dez da noite a cargo de Tegnix S.L. 

A inscrición está condicionada pola capacidade da sala polo que só se admitirán 20 persoas por curso.

Máis información www.cei.lugo.es

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal