Como cada finais de abril, Canonical, a empresa encargada do desenvolvemento de Ubuntu, contamos con unha nova versión dunha das distribucións de GNU/Linux máis empregadas, Ubuntu.
Esta nova versión da distribución Ubuntu é a última versión estable LTS (Long Term Support), isto quere dicir que contará con soporte estendido ata o 2023.
Canonical estableceu unha política de versións coa que cada 2 anos (1 de cada 4 versións de Ubuntu) liberan unha nova versión LTS, polo que podemos contar tanto para os nosos equipos de escritorio como para os nosos servidores con unha nova versión actualizada e con soporte estendido.
Ubuntu 18.04 LTS ten o nome en clave Bionic Beaver e conta coas seguintes novidades destacadas:
- LibreOffice 6.0
- Firefox 59
- GNOME 3.28 como entorno de escritorio por defecto en lugar de Unity
- Python 3.6
- Linux 4.15
Na páxina de notas da versión, podemos atopar todos os detalles desta nova versión.
E podemos descargar a imaxe desta nova versión dende o portal de descargas e como é de esperar, tamén hai están dispoñibles as novas versións dos outros “sabores” de Ubuntu como poden ser Kubuntu, Lubuntu, Xubuntu…
