O 28 de xuño no GaiásTech, en horario de 10:00 a 11:00, terá lugar a charla “A transformación Dixital nas pemes e Odoo como eixo central dos procesos”, en formato presencial e vía streaming.

O obxectivo da sesión é dar a nosa visión de como debemos enfrontar a transformación dixital das pemes, e de como Odoo pode ser una peza fundamental onde concentrar os investimentos para dixitalizar os procesos da empresa.

Programa

– A dixitalización : As pemes e os investimentos en transformación dixital.
– Software Libre estratéxico para as pemes e a propiedade dos investimentos.
– Xestión do negocio, estandarización e automatización dos fluxos de traballo.
– A conectividade entre distintas plataformas: Odoo como integrador dos recursos.

Imparte

Libreinnova. Libreinnova conta cun equipo onde utilizando Odoo como ferramenta principal, implantan e adaptan o software. O marketing dixital é tamén unha das liñas de negocio máis importantes da empresa.

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This