As rapazas e rapaces lalinenses terán a ocasión de iniciarse na robótica educativa nun campamento que terá lugar en catro quendas: dúas a inicios de setembro e outras dúas a finais de decembro.

Os obradoiros deste campamento teñen como finalidade ensinar técnicas de robótica, así como fomentar o pensamento lóxico e dedutivo aos alumnos axudando e como obxectivo final a montaxe e programación de dous robots. O temario do campamento abrangue, entre outros, o uso de diversas tecnoloxías libres como son Arduino, Escornabot e Scratch.

Este campamento está orientado a idades dende os 8 anos ata os 14. A inscrición dos menores debe realizarse no Rexistro do Concello de Lalín ou dende a sede electrónica e está aberta ata o 27 de agosto.

Fonte: https://www.depo.gal/-/noticia-lalin-campamento-tecnoloxico-lalin-2018

Pin It on Pinterest

Share This