A forza de guerra naval do Reino Unido (Royal Navy) anunciou no último terzo do ano o seu programa NELSON mediante o que lanzan un compendio de ferramentas libres para o desenvolvemento de software, que se converterá no estándar para este organismo e todos os fornecedores de informática deberán utilizar tecnoloxías libres á hora de desenvolver servizos dixitais para a Royal Navy.

O programa NELSON está enfocado no uso de intelixencia artificial e na ciencia de datos para axudar ao control dos barcos. O programa forma parte da estratexia de transformación dixital da forza naval inglesa e terá como obxectivos manter unha consistencia visual e unha experiencia de usuario de calidade en todas as aplicacións tanto as desenvolvidas pola armada ou as subcontratadas así mesmo, tamén forzará a liberar o código do software desenvolvido.

O conxunto de ferramentas NELSON está liberado baixo Apache 2.0 e publicado en GitHub, trátase dun compendio de ferramentas para desenvolvemento web e componse entre outras de Scala, Hadoop, Python, React-JS, Docker, Jenkins, Apache NiFi, Apache Hbase, Apache Hive e Apache Phoenix-SQL.

Esta é outra mostra de que cada vez máis son as entidades públicas que se suman ao uso de tecnoloxías libres e á esixencia da liberación de software desenvolvido con recursos públicos.

Fonte: https://joinup.ec.europa.eu/collection/open-source-observatory-osor/news/open-source-royal-navy

Pin It on Pinterest

Share This