A Linux Foundation relanza a iniciativa da tarxeta de crédito propia para recaudar fondos

Mércores, 29 Xullo 2009

Linux Credit CardA Linux Foundation, a entidade sen ánimo de lucro que apoia o desenvolvemento do kernel de Linux, retomou onte a vella iniciativa de LinuxFud.org de 1999 –da que xa dera conta Mancomún– de adquirir unha tarxeta de crédito coa que se facía unha doazón cada vez que se lle daba un uso. Agora, a Fundación anuncia unha nova tarxeta de afinidade Visa Platinum -tarxetas de crédito decoradas cun determinado logotipo- que, baixo o nome de Linux Credit Card, se ofrecerá á xente que queira contribuír a promover o sistema operativo a través das iniciativas da organización.

A Linux Foundation asociouse con CardPartner para ofrecer esta tarxeta de crédito a través do banco UMB. A organización recibirá USD$50 por cada tarxeta activa, así como unha porcentaxe de cada compra realizada coa tarxeta de crédito.

O organismo sen ánimo de lucro asegurou que o 100% dos ingresos da tarxeta Visa do programa destinarase directamente a patrocinar encontros da comunidade e bolsas de viaxe para os desenvolvedores que axuden a acelerar a innovación Linux.

Esta tarxeta continúa a estar só dispoñíbel en Estados Unidos pero a organización espera ampliar a súa distribución para esta Visa Platino personalizada.

Por certo, pola rede circula o simpático rumor entre os membros da comunidade de que “se se intenta comprar algunha copia de Windows7 ou MacOSX cunha Linux Credit Card, está bloquéase e transfire os fondos a unha conta privada de Linus, que usa para invitar a cervexas aos seus amigos en citas como o Linux CON 2009 (21-23 setembro, Portland)”.

Fonte: Fayerwayer

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal