A Linux Foundation anunciou o lanzamento de tres novos cursos gratuítos de formación na plataforma edX, destinados a programadores que queiran empezar a desenvolver software libre:
– Primeiro curso: Linux para desenvolvedores (LFD107x). Conceptos clave do desenvolvemento de software libre e sobre o traballo con contornas GNU/Linux.
– Segundo curso: Ferramentas de Linux para o desenvolvemento de software (LFD108x). Ferramentas necesarias para o traballo en contornas GNU/Linux.
– Terceiro curso: Git para desenvolvemento de software distribuído (LFD109x).

Tamén se publicou na mesma plataforma edX, un curso de Introdución a Linux en español. Destinado para ter un bo coñecemento práctico de GNU/Linux, utilizando tanto a interface gráfica como a liña de comandos a través das familias principais de distribución de Linux (Debian, RHEL, SUSE…).

Máis información

Pin It on Pinterest

Share This