A Junta de Andalucía adquirirá gran cantidade de ordenadores con GNU/Linux

Venres, 4 Setembro 2020

A Consejería de Educación y Deporte da Junta de Andalucía vai adquirir gran cantidade de computadores portátiles (70.000 unidades, cun valor de 45 millóns de euros) coa distribución GNU/Linux Guadalinex Edu.

Desta forma, queren asegurarase un gran stock de equipos para as aulas para que todos os alumnos poidan ter os seus equipos en caso dun confinamento. Confeccionouse un catálogo de equipos homologados para o uso, xa que non se comprarán a un único provedor, senón que haberá varias fontes.

Guadalinex

Dentro duns meses sairá a nova versión Guadalinex Edu, a 20.04 (Heroes), coa que se poderán actualizar todos os novos equipos mercados pola educación pública andaluza.

Guadalinex Edu Next é a última versión do sistema operativo da comunidade educativa andaluza. Foi desenvolta baseándose no kernel Linux 4.4.0 e conta cunha contorna de escritorio dividido en catro novos compoñentes: o escritorio de traballo, a vista de actividades, a vista de aplicacións e un buscador.

Características básicas dos equipos mercados (todos cun prezo entre 300-400€):
– Pantalla de 15″
– Procesador Intel Core i3
– Memoria RAM entre 4 e 8 GB
– SSD de 240 GB ou máis

Máis información

Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal