Logotipo de MelisaUn total de 14 internos do centro penitenciario de Bonxe recibirán durante toda esta semana a formación en tecnoloxías libres da man de Melisa.

Trátase do cuarto obradoiro da iniciativa “Tecnoloxía e software libre en centros penitenciarios galegos” que a asociación de Usuarios de Software Libre da Terra de Melide (MELISA) vén desenvolvendo no marco do Programa Programa de Voluntariado Dixital e o Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

As sesións formativas deste cuarto obradoiro desenvolveranse entre o 11 e o 15 de novembro na aula de informática do centro penitenciario, e estará a cargo dun voluntario da Asociación Usuarios de Software Libre MELISA, que compartirá o seu coñecemento cos internos.
O proxecto, promovido pola Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia, ten como obxectivo achegar as novas tecnoloxías e o software libre a 70 reclusos dos sete centros penitenciarios existentes en Galicia, a fin de promover a inserción laboral dos asistentes, ofrecéndolles formación eminentemente práctica no ámbito das tecnoloxías da información e a comunicación TIC e do software libre.

Tras arrancar en xullo no Centro Penitenciario de Monterrroso e no mes de outubro no Centro de Inserción Social (CIS) “Carmen Avendaño” de Vigo e no Centro de Inserción Social de A Coruña Carmela Arias y Díaz de Rábago, o programa continúa agora no Centro Penitenciario de Lugo-Bonxe, no que 14 internos recibirán formación en TIC e software libre. Durante este mes desenvolveranse ademais os obradoiros restantes nos centros penitenciarios de Teixeiro e Pereiro de Aguiar.

Esta actividade forma parte das actividades que esta asociación desenvolve ao abeiro do convenio de colaboración para o fomento do software libre asinado coa Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia (AMTEGA) e incluídas no Plan de Acción de Software Libre 2013 da Xunta de Galicia.

Fonte: Xunta de Galicia

Pin It on Pinterest

Share This