A India pode vivir sen Microsoft

O goberno do estado de Tamil Nadu na India tomou a decisión de migrar o 99% dos seus sistemas Windows a solucións Open Source, algo que farán durante este 2007. Na entrevista co diario Deccan Chronicle, Mr. C. Umashankar, director executivo da empresa propiedade do estado indio Electronics Corporation of Tamil Nadu (ELCOT) que está a cargo do proxecto, afirmou que non precisa a Microsoft.

Umashankar dixo que o goberno está migrando a sistemas operativos Linux que son moito máis baratos e que tamén poden ser manexados con menor custe, ademais de ofrecer actualizacións constantes e seguridade frente aos virus.

Umashankar dixo ademais que máis de 20.000 sistemas de sobremesa serán instalados en escolas, que dende agora funcionarán unicamente con SUSE Linux. Tódolos servidores ELCOT traballarán con Red Hat. ELCOT espera formar a 30.000 funcionarios do goberno tanto en Linux como en OpenOffice.

Máis de 6.500 sistemas Linux xa se instalaron nalgunas poblacións e outros 6.100 ordenadores de sobremesa Acer con SUSE instalado están de camiño.

Fonte: Viva Linux
Artigo completo: amauta

Balance do Plan de Acción 2023

1 Decembro 2021 Informe

Plan de Software Libre 2024

1 Decembro 2021 Informe

#IA #PlanDeAccion #EntrevistasComunidade

Tendencias
Xunta

Xunta de Galicia, Información mantida e publicada na internet pola Xunta de Galicia

Atención á cidadanía - Accesibilidade - Aviso legal - Mapa do portal